RESERVAS / VISITAS GUIADAS
MOLDE DO FARO DE BURELA
Que vas descubrir?
O Molde do Faro transforma a antiga estrutura metálica empregada na reconstrución do faro tras o temporal de 2014 nunha peza artística única.
Unha obra do artista David Catá, titulada "A pel do mar", que converte memoria, identidade e resistencia nunha experiencia viva.
Un espazo no paseo da Marosa que conecta a nosa historia mariñeira coa arte contemporánea e coa participación da veciñanza.
Visitas guiadas
Duración aprox. 30 minutos
Máximo 20 persoas por grupo
Entrada gratuíta
Reserva obrigatoria ata 24h antes
Vés en grupo?
As reservas de grupo NON se realizan a través desta web. Se sodes un centro escolar, asociación, excursión ou colectivo, contacta con nós para xestionar a túa visita: